
A RISO - I eu?
A RISO - Proxecto
A RISO é a miña parte máis íntima e musical, a que escribe, canta e experimenta dende as miñas paixóns: teatro, arte e música.
Este proxecto nace da necesidade de apostar por coñecerse a unha mesma interna e exteriormente, e poder reflexionar con liberdade e dende o coidado e a honestidade do que me rodea, sucede e sinto.
A RISO naceu como unha necesidade, como un espazo no que dar forma ás miñas preguntas, ao que me remexe e ao que non sempre sei explicar. Aquí non interpreto, simplemente son. A través das letras e das melodías exploro quen son e o que me rodea, sen pretender encaixar en nada concreto. Inspíranme os sons do R&B, o pop alternativo, a canción de autora.
I eu? é o meu primeiro sinxelo, un tema que fala desa voz interna que ás veces cala, dubida, se esconde... pero tamén quere ser escoitada. É unha canción íntima, directa, que naceu case sen pensar e que abriu a porta para seguir creando dende este lugar máis honesto.
Actualmente, estou a traballar no meu primeiro EP, un conxunto de temas que seguirán explorando emocións, vínculos e identidades, sempre dende o coidado, a reflexión e a liberdade creativa.
