top of page
Captura de pantalla 2025-07-02 a las 17.53.15.png

Creación escénica

A escena é onde todo cobra vida: as ideas, as palabras e mesmo as dúbidas. É un espazo de xogo, de proba, de erro, de inquedanzas: de facer, de estar, de ser. Crear dende aí axúdame a habitar o mundo con máis liberdade e honestidade.

Actriz, Chora

DSC09862 2.jpg
DSC09878 2.jpg
DSC09874 2.jpg

Actriz, Chora é unha peza de creación de Cacharela Teatro (Irene Lorenzo e Alba Nogueira) que nace da necesidade de xogar en escena coas súas inquedanzas como creadoras e intérpretes. Dende o humor e unha mirada crítica, comparten a súa visión do mundo artístico dende unha perspectiva de xénero, transformando a escena nun laboratorio onde probar, errar e volver intentar.

É unha peza que atira dos estereotipos e da precariedade no sector, especialmente no que atinxe ás mulleres novas, para expoñelos á luz da comedia. Apoiada no humor e na igualdade, Actriz, Chora reflexiona tamén sobre o papel das novas tecnoloxías a través da retransmisión en directo, preguntando quen mira, quen é mirada e como se constrúe o que vemos.

Actriz, Chora non busca respostas pechadas: convida a rir e pensar, a abrir gretas nas expectativas sobre o que “debe ser” unha actriz e a facer visible o que adoita quedar fóra de plano.

  • Seleccionada no FIOT Carballo 2022 - Conta co Premio Á Mellor Interpretación do Público

  • Seleccionada no EsceNoia 2023

Fenda

Imaxe Fenda
Imaxe Fenda
Imaxe Fenda

Fenda é unha peza de creación propia que nace da necesidade de romper o silencio e abrir espazo á pregunta: quen somos realmente? Un monólogo poético e visceral, acompañado pola música en directo de Maite González co seu acompañamento musical á guitarra, que atravesa temas como a identidade, o corpo, a raiba, a violencia e o autocoñecemento. A peza transita entre o íntimo e o político, con textos que combinan dor, ironía e crítica social, cuestionando as etiquetas que nos definen: o xénero, a idade, o corpo, a mirada dos demais.

Fenda non busca respostas fechadas, senón abrir gretas por onde deixar pasar a dúbida, a emoción e a verdade que habita no incómodo. Porque ás veces, para poder reconstruírse, hai que rachar primeiro.

bottom of page