Xestión cultural
Proxectos
Entendo a xestión cultural como un espazo onde facer que as ideas medren e cheguen á xente dun xeito real e vivo. Gústame acompañar procesos creativos, coordinar equipos, deseñar programacións e conectar proxectos co territorio e coas persoas. A cultura, para min, é ferramenta, é encontro e tamén motor de cambio —e traballar desde aí é sempre un reto bonito.

Artistea
Artistea é un proxecto creado por Laura Porto e Alba Nogueira para o Concello de Ponteareas que aposta por conectar arte, comunidade e territorio desde unha visión crítica e comprometida co rural. O seu valor reside en ofrecer residencias para artistas de diversas disciplinas, proporcionando recursos, aloxamento e apoio técnico para desenvolver proxectos creativos nun espazo concreto e durante un tempo determinado.
Esta iniciativa fomenta o intercambio cultural e o diálogo entre artistas e veciñanza, dinamizando a vida local e fortalecendo a identidade e o patrimonio do territorio, situando así Ponteareas no mapa da creación artística contemporánea.
Coñece o proxecto a través das nosas redes
📸: Elena Martín, Irene Vieito